miércoles, 10 de mayo de 2017

Carlos Casares, Letras Galegas 2017


Ben sabedes tod@s que este ano o Día das Letras Galegas se lle adica a Carlos Casares.
No Día do Teatro asistimos á representación dunha das súas obras máis coñecidas
"As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Lembrades?






No noso corredor da planta baixa no Taboleiro da Lingüa xa podedes visitar a exposición de carteis sobre a súa vida e obra.


     

E na biblioteca, na Exposicion das Letras Galegas, podedes ler ou ben levar emprestadas calquera das  obras de que dispoñemos, dalgunhas temos varios exemplares.
Tamén están libros  que Casares non escribiu pero traduciu ao galego como" O Principiño" que tamén podedes ver na súa exposición.


O alumnado de 1º, 3º e 4º asiste en Ferrol ao Correlingua.
O Correlingua   é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Este curso a Marcha pola Lingua no exterior non puido ser por mor da climatoloxía, mais  tod@s pasárono xenial, no Auditorio de Caranza, escoitando as cantigas de Pablo Díaz e apoiando o Manifesto pola Lingua lido por nenos e neas do CEIP "Centieiras"

Graza tanto aos organizadores do acto como ao Concello que facilitou o desprazamento.

Fantástica organización!










Premendo na imaxe visitaredes, o Blog de Normalización Lingüística do cole
  "A Casqueira",. Alí acadaredes a información que seleccionaron para vós sobre o Día das Letras Galegas.




Aquí vos deixamos ademais unhas actividades, recompiladas polo CEIP "Mestre Valverde Mayo" de Pontevedra, sobre Casares.
 Hai información para ler, outra para ver, gravada polos nenos do cole; e tamén actividades interactivas para xogar despois de informarvos con todo o anterior.




Para rematar Güino convídanos ao Festival das Letras Galegas o vindeiro venres 19 de maio:

      1ª Parte:
  • Presentación de Carlos Casares. (Alumnado de 6º de Primaria)
  • IX Certame de Poesía "Couceiro Freijomil" Lectura de poesías finalistas e entrega de premios.
  • Muiñeira de Cardelle ( Cantiga adaptada e interpretada por un grupo de nenas de 6º de Primaria)
      2ª Parte:
         Exposición de traballos realizados dentro do Proxecto "As Fragas do Eume"
  •  Audiovisual do alumnado de Relixión Católica sobre a "Lenda do Anel de San Rosendo"
  •  5ºB representa  "O anel de San Rosendo".
  • "A fraga das árbores das palabras", pequena peza teatral preparada por 4ºB.

Xa pasou o gran DÍA!!!

Que ben saíu todo! Lembrades que poesías tan fermosas, a Lenda do anel de San Rosendo,  as obras de teatro de 4º e 5º B e o traballo dos nenos e nenas de sexto. Eles foron  os condutores do festival. fixeron a presentación da vida e obra de Casares e, amenizaron o festival as tres cantareiras, tamén de sexto.









Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:  Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:


No Certame de Poesía entre todas as presentadas, houbo que decidir cales ían ser as premiadas . O Equipo da Biblioteca tívoo ben dificil. Foron as seguintes.



1 comentario:

Charo dijo...

Impresionante! Moi Ben tratado. Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier!