miércoles, 15 de marzo de 2017

Conservación do noso medio: Biodiversidade e Reciclaxe

Mentres o Proxecto continúa a súa andaina polas aulas do noso cole, tamén expertos da nosa contorna visítannos para contribuir á nosa formación e á boa marcha do noso labor.

Onte, alumnado de 1º de Bacharelato acompañados por Irene, a  súa mestra de Bioloxía, alertounos sobre a destrución dos hábitats naturais, debido a diferentes construcións como as estradas, pistas...; á invasión de especies foráneas, como os eucaliptos nos nosos bosques autóctonos; e o perigo de extinción dalgunhas especies.
Dinamizaron esta actividade ante o alumnado de sexto con gran entusiasmo, vestidos para a ocasión. Como final da xornada elaboraron, entre grandes e pequenos, murais que recollen o aprendido grazas a esta colaboración do IES "Fraga do Eume"










Carlos, o biólogo do Parque Natural,visitou onte a nosa   biblioteca. Convidado polo alumnado de 1º e 2º de primaria que está a estudar a flora da Fraga do Eume e polos nenos e nenas de 6º de Infantil que aínda que están a pescudar nas Lendas do Eume teñen moito interese en todo canto se refire ao noso bosque. Deu dúas charlas onde o alumnado guiou a actividade coas súas dúbidas, cos seus intereses, coas súas preguntas.







Hoxe foi Pedro, o experto en reciclaxe e reutilización da empresa que trata os residuos do Punto Limpo Municipal, o que veu a estar co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
Concienciounos da importancia da reutilización e dunha boa separación de residuos para a súa reciclaxe. A importancia vital para o medio ambiente da nosa colaboración co tratamento de residuos.
Deixounos ademais información para as familias e colectores para o noso cole.



MOITAS GRAZAS A TODOS!