viernes, 28 de octubre de 2016

O SAMAÍN NA ESCOLA

Hoxe na nosa escola houbo unha gran excitación. Foi o cumio de todas as actividades do Samaín:






Expuxemos as caveiras; na "Hora de Ler", á luz das lanternas, limos contos de medo; o alumnado de 5º, na biblioteca, amosoulle as súas terroríficas narracións aos compañeiros, os corredores quedaron cheos de feitizos, ilustracións e pequenos textos elaborados nas aulas.Que ben o pasamos este Samaín!!!
Aquí vós queda unha mostra dos contos que encheron as nosas aulas. Son os "Contos de Medoooo!" de 5º de Primaria.
(Podedes arrastrar ou ampliar para lelos mellor)




















lunes, 24 de octubre de 2016

24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 

Este fermosísimo texto é de Ledicia Costas, Premio de Clubs de Lectura 2016 .
Nós, hoxe, para festexar esta data, agasallamos a todas as aulas coas xa famosas "MALETAS DE GÜINO".
O alumnado colaborador do "Xardín do Pasatempo" achegou ás aulas estas caixas cheas de  contos, poesías, revistas , libros informativos...
Estas maletas pasarán a formar parte das "Bibliotecas Aula"e poderán intercambiarse entre os niveis.
Feliz día e esperamos que vós, grazas aos libros, tamén podades ser moitas personaxes e visitar moitos mundos.














miércoles, 19 de octubre de 2016

TEMPO DE SAMAÍN

Os días son curtos, as noites son loooongas. Chega o tempo de buscar a túa cabaza e convertela nunha caveira horrorosa, que meta moito medo; mais non esquenzas poñerlle dentro unha luz, pois mira o que nos propón Güino para este Samaín: 

Le o verás  o que debes traer o próximo venres, día 28 de outubro, para a "HORA DE LER"





jueves, 6 de octubre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Mirade que ledos coas novas mochilas. Tocoulles a primeira semana, mais axiña chegarán a todas as casas.
Durante unha semana poderemos ler os contos, recitar as poesías ata cantar cos libros conCD. Coa axuda da familia encheremos de debuxos e cometarios o caderrno que nos manda Güino para saber a nosa opinión e a dos papás e mamás.
Que ben que as mochilas están a viaxar de novo, non?