lunes, 27 de enero de 2014

Club de Lectura

Hoxe comezamos a nosa actividade no CLUB DE LECTURA. Este trimestre vai estar dedicado ao escritor EUMÉS  ANTONIO MANUEL FRAGA, que foi PREMIO MERLÍN   no ano 2013 polo seu libro O CASTAÑERIO DE ABRIL

Contamos con máis de oitenta lectores e lectoras voluntarios para participar nos comentarios, nas opinións, nas lecturas, nas emocións... de dous libros de Antonio Manuel.  

Por un lado XILDAS da editorial SUSHI BOOKS, libro inspirado nas vivencias de Antonio en Pontedeume e as FRAGAS DO EUME e no que o verdadeiro protagonista é o trasno XILDAS,... e por outro lado O CASTAÑEIRO DE ABRIL de Edicións  XERAIS, libro premiado como comentamos anteirormente. Concretamos os grupos, retocamos horarios  e,... xa está en marcha o CLUB DE LECTURA

A gozar lendo!!!

Para máis información ou participar no CLUB premede nunha das dúas portadas dos libros...

 CLUB DE LECTURA