martes, 7 de febrero de 2012

O contacontos de Kalandraka

Hoxe a nosa biblioteca encheuse de ritmo, música, risas... e moitos, moitos contos.
Visitáronnos Patri e Alex, vellos coñecidos do noso cole, os contacontos da Editorial Kalandraka, para presentarnos algúns dos seus contos aos nenos e nenas de 4 e 5 anos.
Nesta ocasión "A familia C", "O mago Goma" e "Pancho" foron as historias, que entre música de acordeón, frautín, pitos, pandeireta... encheron a nosa biblio de máxia e vida.
 Todos o desfrutamos moito, só fai falla vernos as caras, verdade?


video

lunes, 6 de febrero de 2012

Coñecernos para querernos...

Baixo o lema COÑECERNOS PARA QUERERNOS,  as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE FERROLTERRA están levando adiante un traballo colaborativo cos nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados do SAHARA. Para coñecernos un pouquiño máis, o alumnado que participa no CLUB DE LECTURA do terceiro ciclo de primaria elaborou un traballo, fundamentalmente visual, no que se mostran  distintos aspectos da vida cotiá do  noso colexio e algunhas das actividades que se realizan ao longo do curso. Este traballo foi enviado aos campamentos, xunto cun lote de material escolar,   que agora vos presentamos.