lunes, 8 de marzo de 2010

Fábrica de contos

Hai uns días estiveron connosco, desde a FÁBRICA DE CONTOS DE KALANDRAKA , Patricia e Pablo que trouxeron no seu saco un montón de contos fantásticos e os máis cativos do cole paxárono en grande coa RATIÑA PRESUMIDA, FREDERICK,... e moitos máis. Aos pequenos quedábanlle uns ollos coma pratos vendo os xestos e escoitando as voces de Patricia e afinaban o seu oído escoitando as melodías que Pablo interpretaba cos seus instrumenos de vento-madeira. Son uns fenómenos e pasamos un rato moi, moi divertido, Ata GÜINO bailaba con eses fermosos sons. Graciñas aos dous por este rato tan agradable. DEICA A PRÓXIMA, AMIGOS...!!!


jueves, 4 de marzo de 2010

O Entroido pasou por Pontedeume

Un ano máis o entroido, divertido e descarado, pasou por Pontedeume deixando chorros de ledicia e diversión (pódese constatar isto nas caras das nenas e nenos do noso centro) pois son unhas datas moi especiais no ano nas que destapamos a nosa imaxinación para darlle un toque de humor e de cor á vida cotiá.
Comezamos a semana cos mandados de MANOLO (pencas, gorros, gravatas,...) e chegou o día máis esperado, o venres. Desfilamos polo corredor do colexio para vernos e admirar as indumentarias (o tema elexido foran TRIBOS URBANAS). Rápidamente os corredores enchéronse de góticos,"pijos" hippies, surferos, executivos,... Saímos desfilando pola vila e rematamos na Praza Real onde cada comparsa subiu á tarima para interpretar unhas cancións cunhas cantigas de entroido con LETRAS cheas de ironía e sobre todo de bo humor. E a Praza... como estaba a Praza? ...CHEO TOTAL!!!. Unha vez rematado o "concerto" demos boa conta das orellas, filloas, rosquillas,... que aportaron as familias e... FESTA RACHADA!!!