martes, 27 de enero de 2009

Día Escolar pola Paz e a non Violencia

"Nun mundo no que a violencia, o medo e a inxustiza forman parte da vida de moitas persoas, queremos manifestar que:
1º Todas as persoas somos responsables de que o mundo sexa cada día máis xusto, máis pacífico e máis seguro.
2º A paz constrúese, día a día, entre todos e todas. Para conseguilo, podemos e debemos relacionarnos cos demais sobre a base do respecto, a escoita e o diálogo.
3º A violencia e o medo prexudican a todas as persoas, a quen os exercen e a quen os reciben. A violencia e o medo nunca solucionaron un conflito, só o ocultan.
4º É posible mudar o mundo se nós mudamos e se convencemos aos demais para que muden. Non é fácil, pero é posible e necesario.
Nós sabemos como acabar coa violencia e os conflitos, sabemos como se constrúe a paz e somos moitos e moitas os que a queremos. É, por iso, que propoñemos comezar a construíla hoxe mesmo e esforzármonos para que creza ao noso redor e chegue a todo o mundo."

video

jueves, 15 de enero de 2009

Antón Cortizas Amado




O día catro de febreiro pasará unha xornada connosco o escritor e mestre ferrolán Antón Cortizas.Aló polo ano 1954, cando as follas das árbores caían no chan, eu caín tamén de non sei onde, e afortunadamente había unha cama debaixo. Debo ser moi nugallán porque dende aquela estou a nacer e aínda non acabei de facelo. A verdade é que che non vos teño moita presa.
De cativo dediqueime a brincar, xogar, argallar e facer os deberes, que non foi pouco.
De adolescente déuseme por namoriscar, por escribir cousas que ninguén me obrigaba e por vestirme de Atlántico, vestimenta que uso dende entón. E comecei a amar o meu país. A miña cultura galaica e a miña lingua untáronme todo coma se fosen un can cósmico (tal vez o can de Orión) que me lambese a alma cariñosamente. Tamén me comezaron a laiar as cousas todas e din en esgarabexar poesías como analxésicos.
Cando crin ser grande ocorréuseme converterme en rei, e dende aquela teño unha raíña e tres fillas que vos xuro que son para min como tres princesas de conto ben que por veces non o pareza.
De adulto quixen cambiar o mundo, pero decateime de que non podía porque non se deixa. Entón púxenme a inventar historias, pero só de cando en vez, porque como iso non é o único que podo nin gusto de facer, moitas delas quedan esquecidas nos faiados da memoria.
¿E de vello? Gustaría de seguir nacendo ata converterme nun trasno amábel e contemplar o mundo sorrindo dende o silencio da Lúa. (Autobiografía)

domingo, 11 de enero de 2009

Tintín cumple 80 anos

O célebre reporteiro do cómic Tintín , o rapaz do roxo fleco e dos pantalóns bombachos que sempre vai acompañado do seu inseparable can Malú, celebrou o seu 80 aniversario. Foi un 10 de xaneiro do ano 1929 cando apareceu por primeira vez na revista "Le Petit Vingtième" da man do debuxante belga Georges Remi, máis coñecido como Hergé. Tratábase da primeira aventura do reporteiro da Rusia bolchevique titulada Tintín no país dos Soviets. Esa historia foi o inicio de 24 aventuras por todo o mundo das que se venderon 250 millóns de exemplares e foron traducidas a mais de 50 idiomas e adaptadas ás pantallas en forma de debuxos animados. FELICIDADES TINTÍN!!!!!