miércoles, 25 de febrero de 2009

Entroido 2009

Por fin chegou o gran día.... O ANTROIDO!!! E disfrutámolo... como o disfrutamos!!!! Primeiro no colexio, desfilando e mostrandolles a todos o que o maxín traballara nos días anteriores. Despois polas rúas da Vila onde se congregaron cantidade de personas, nais, pais, avós... e veciños en xeral que quixeron sumarse á nosa alegría. Na Praza Real subímonos ao palco a cantar as pezas que preparáramos para a ocasión e por último, xa de volta no cole... FESTA RACHADA!!!! Demos conta das filloas, orellas, torradas.... baile, música e moita, moita ALEGRÍA!!! Graciñas a tod@s pola participación tan entusiasta.






domingo, 15 de febrero de 2009

As mochilas viaxeiras... xa viaxan!!!





Nos dous últimos fins de semana comezaron a viaxar desde a biblioteca, cara as casas dos alumnos do primeiro ciclo e de terceiro de primaria, as MOCHILAS VIAXEIRAS. Unha mochila para cada unha das clases destes niveis e, dentro, moita ilusión e fantasía en libros, Cds, Dvds etc... Cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un caderno viaxeiro no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios etc... sobre o material que contén a mochila. Por último, as familias tamén poden realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno. Recordade, unha folla do caderno por nen@. As mochilas sairán do colexio os venres e retornarán os xoves.
Contamos que, en breve, saia a mochila para o alumnado de infantil de 5 anos.
Ánimo e a disfrutar destes materiais.




jueves, 5 de febrero de 2009

Encontro con Antón Cortizas




Tal como anunciabamos, onte día 4 de febreiro, o escritor e mestre ferrolán Antón Cortizas compartiu con todos nós unha xornada entrañable na que o alumnado puido captar rapidamente as súas inquedanzas e sentimentos. Antón é unha persona que se involucra axiña cos nenos, manexando a lingua dun xeito hábil e sinxelo e mostrando sempre o neno que leva dentro. Antón deixou entre todos nós un grato recordo.
Ester, Inés e Carla de 6ºB recibiron un agasallo como gañadoras do concurso da Mascota para a Biblioteca e,... como non! GÜINO
acompañounos ao longo de toda a sesión. Graciñas Antón e, ¡ata sempre!

miércoles, 4 de febrero de 2009

Primeiro pleno Infantil Municipal

"Sr. Alcalde, Sres. Concelleiros, compañeiros... Hoxe, 30 de xaneiro de 2009, non é un día máis, non é un día calquera. Por iso ao comenzar este Pleno, as alumnas e alumnos do CEIP "Couceiro Freijomil" xunto coas nosas mestras e mestres, queremos facer público o noso compromiso coa PAZ nesta celebración do DÍA ESCOLAR PARA A NON VIOLENCIA E A PAZ ..."

Así comenzaba a exposición dos respresentantes dos alumnos de 6º do noso centro no PRIMEIRO PLENO INFANTIL MUNICIPAL, convocado polo Concello de Pontedeume e celebrado na Casa da Cultura o pasado 30 de xaneiro coincidindo coa celebración do DÍA ESCOLAR PARA A NON VIOLENCIA E A PAZ. No acto participaron os catro centros de primaria do Concello e, sobre a mesa, moitas preguntas do alumnado e moitas respostas por parte do Equipo de Goberno Municipal. O resultado foi unha fermosa lección de democracia que rematou cunha votación sobre a continuidade deste tipo de sesións. Esta última proposta foi aceptada por unanimidade. Felicitacións a todos.